1.7.13

OBRADOIRO DE CAMISETAS

O mércores 27 de xuño asistiron ao noso obradoiro de verán para nen@s , seis novísim@s creadores dispostos a participar no día de luxarse da cabeza aos pés no “Obradoiro de Camisetas”. dirixido pola deseñadora Susana Román.
Falamos entre outras cousas dos “hippies” e dos tipos de impresión máis actuais e decoramos as nosas camisetas de forma artesán, mediante selos feitos con pataca, recortes, cinta adhesiva e por suposto pinturas acrílicas de cores.
A finalidade desta actividade era divertirse aprendendo, misturar as cores primarias para obter as secundarias mailas súas complementarias e concebir unha idea facendo un bosquexo previo antes de pasar ao soporte definitivo, que no noso caso era a camiseta branca.
¡Este verán poderemos lucir as cracións destes pequen@s deseñadores!





Para ver máis imaxes acerca do obradoiro fai clik na web de Aula D 

No hay comentarios: